Carmucha, a nova traíña do Club de Remo de Vilaxoán cedida por Polináutica

VILAGARCÍA> O Club de Remo Vilaxoán estrea nova traiñeira. Bautizárona como Carmucha, en homenaxe a unha activa colaboradora da entidade xa falecida. A embarcación foi fabricada hai un par de décadas pero estaba sen uso. Foi cedida ao club pola empresa cambadesa Astilleros Polináutica para darlle unha nova vida.

Esta é a nova embarcación do Club de Remo Vilaxoán. Trátase dunha traíña cedida por Astilleros Polináutica. A praia do Preguntoiro acolleu o acto de recepción por parte da entidade deportiva. Vai ser empregada polas bases do club. Foi bautizada como Carmucha, en lembranda dunha gran colaborada da sociedade, xa desaparecida.

Esta traíña foi fabricada hai dúas décadas, pero ninguén a estaba a usar. O club solicitou a súa cesión a Polináutica que, sen dubidalo, encargouse da súa posta a punto para poder ser empregada.

Dende o club agradecen esta doazón que chega, ademais, nun momento moi bo.

O club volverá o ano que vén á Liga Galega de Traíñas, poñendo fin a seis anos de ausencia nesta competición.