O Mercado das Flores de Vilagarcía mantén as vendas a pesar da lixeira suba de prezos

VILAGARCIA> Ata este domingo poderemos visitar en Vilagarcía o Mercado das Flores. Seis postos ofrecen ramos, flores soltas e centros para lembrar aos que xa non están. Os prezos subiron un chisco, pero tampouco moito respecto do ano pasado. Para que se fagan unha idea, podemos mercar dende rosas ou pompóns a dous euros a unidade ata un completo centro que rolda os 80. As vendedoras din estar contentas, con moito ambiente pola carpa e o tempo acompañando.

A contorna da praza de abastos de Vilagarcía acolle ata este domingo unha nova edición do Mercado das Flores. Por alí moita afluencia de público e case todo o mundo, compartindo o mesmo comentario.

Os prezos subir, algo subiron este ano. Con todo, en comparación con outros produtos ese incremento aquí non se nota tanto.

No Mercado dasFlores de Vilagarcía podemos atopar dende flores soltas como rosas por dous euros ata os centros máis elaborados, que poden acadar os 80.

Así que o mellor é que nos poñan exemplos.

Ademais, por defuntos, outro dos clásicos son os centros. Aquí os prezos, como os deseños, son para todos os gustos. Dende un detalle, que pode andar polos 20 euros, ata composicións máis elaboradas que poden chegar aos 80. Pero seica este ano estanse vendendo menos centros que en anos anteriores.

E entre a clientela, de todo un pouco. Algúns prefiren o centro, pola perfección do seu acabado. Outros apostan por levar as flores soltas, polo gusto de preparar un mesmo o ramo. Sexa como for, nos postos din estar encantadas. O tempo acompaña e o ambiente e bo.

E apuntan que esta campaña é vital para os seus negocios.

O Mercado das Flores de Vilagarcía abrirá este sábado e tamén o domingo pola mañá.

O sábado estará aberto de 9 da mañá a 8 do serán e o domingo, abre tamén ás 9 e botará o pecha contra as 2 da tarde.