MEIS> Arrancou a Semana Santa, e de xeito especial, na parroquia de Paradela, en Meis. O Domingo de Ramos celebrouse coa representación da entrada de Xesús, …
{flowplayer}images/salnes/ramos_paradela.flv{/flowplayer}
… de novo encarnado por Enrique Barros, a lombos dun burro en Xerusalén. E nesta ocasión, como novidade, fíxoo sobre unha alfombra vermella, despregada desde a igrexa parroquial ata o cruceiro de Outeiro. Trala entrada, realizouse a bendición dos ramos de oliveira e das palmas, e coa procesión da burriña, amenizada coa música da banda A Vertula.
A Semana Santa Vivinte de Paradela celebra por segundo ano a distinción de Interese Turístico Galego e, nesta edición, a organización espera recibir a unhas seis mil persoas, de dentro e fóra da comarca do Salnés. A parroquia leva dous séculos representando os principais momentos da Paixón de Cristo.
O Xoves Santo escenificarase a Última Cea, seguida da procesión ata o Campo de Outeiro onde se representará o Prendemento, seguido logo no atrio da igrexa polo Xuízo do Sanedrín.
O Venres Santo veranse as escenas máis crúas desta Semana Santa de Paradela, ás once e media da mañá representarase o Vía Crucis ata o Monte da Croa, e a crucifixión, e xa pola noite será o desencravo e a procesión do Santo Enterro. As actuacións rematan o Domingo de Pascua coa Resurrección.
Redacción Salnés