Rianxo pon fin aos Actos Castelao 2019

RIANXO> O concello de Rianxo pechaba esta pasada fin de semana a programación deseñada co gallo da celebración dos Actos Castelao, cando se cumpren 133 anos do seu nacemento.

Facíao cun roteiro que se iniciaba ás once da mañá dende a praza do Concello, para posteriormente visitar diferentes espazos vinculados ó ilustre galeguista, entre os que se atopaban a súa casa natal, na rúa de Abaixo.

Para rematar, como é costume, ás doce do mediodía, no paseo da Ribeira, coa realización da tradicional ofrenda floral ante o busto do autor do ‘Sempre en Galiza’ baixo os acordes do himno galego interpretado por unha banda de gaitas.