RIBEIRA> O Club Os Reventapistóns organiza unha nova ‘kedada moteira’. A cita terá lugar o sábado 13 de abril na Praza de España, a partir das tres da tarde.
Ese día o programa de actividades será do máis variado, incluindo actuacións musicais, degustacións gastronómicas e unha ruta mototurística pola zona.
Na presentación do evento tamén tomou parte o concelleiro de Turismo e Relacións Institucionais, Francisco Suárez-Puerta.
Na súa intervención destacou a importancia deste tipo de citas, xa que, ademais do seu atractivo turístico, axuda a dinamizar a hostalería e o comercio local.
Dende a organización agardan superar a cifra de participantes de edicións anteriores, situándose preto das dúas mil motos.











