O BNG interésase no Parlamento pola alta mortaldade de marisco en Arousa

BARBANZA> Os nacionalistas recollen así o malestar de moitas confrarías tanto de Arousa coma de Pontevedra que se viron gravemente afectadas por este problema, ó supoñer unha importante merma de ingresos.

Cales son os protocolos que seguiu a Xunta para avaliar a mortaldade do marisco a consecuencia dos temporais das últimas semanas ou que medidas adoptou para afrontar esta situación. Estas son só algunhas das preguntas que o BNG levará ó Parlamento Galego para a súa resposta en Comisión. Os nacionalistas recollen o malestar de varias confrarías de Pontevedra e Arousa que se viron moi afectadas estes días debido á alta mortaldade de marisco nos seus areais.

Esta grave situación vén a sumarse ademais á problemática xeral derivada da pandemia que está afectar tamén á comercialización do marisco, coa conseguinte merma de ingresos para os propios produtores.

Por esta razón, dende o BNG entenden que a Xunta debería facer unha análise e avaliación detallada do problema, para dar cunha solución o máis axiña posible e así evitar un novo varapau para as economías de moitos destes mariscadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí