O BNG do Barbanza presentará mocións pedindo melloras na sanidade pública

BARBANZA> O BNG do Barbanza demanda maior investimento na sanidade pública para acabar coa grave situación que se vén rexistrando nos últimos meses.

Os nacionalistas do Barbanza denuncian os constantes recortes na sanidade pública que telen como consecuencia a derivación de pacientes ó sector privado. Segundo as cifras aportadas polo BNG, nos orzamentos de 2019, o presuposto para Sanidade redúcese en 188 millóns de euros.

Ante o agravemos desta situación, o BNG presentará unha moción en tódolos concellos da comarca solicitando melloras nos servizos da atención primaria, onde actualmente xa existen listas de agarda. Tamén reclaman a cobertura das prazas médicas convocadas e a supresión do copago farmacéutico.