Máis de trescentos corredores participarán este domingo no Trail da Cidá

RIBEIRA> Será a primeira das cinco probas que integran este ano o Circuíto Arousa-Revolutrion Trail Series 2019.

Este próximo domingo dispútase en Ribeira o Trail da Cidá. A primeira das cinco probas que integran este ano o Circuíto Arousa–Revolution Trail Series, organizado pola asociación Arousa Natureza e Ocio. Á falta dun día para o peche das inscricións, a cita, contará cunha participación dunhas trescentas persoas.

A proba terá un percorrido duns catorce quilómetros, con saída e chegada na propia praza do Concello.

O resto do Circuíto estará formado polos trails de San Isidro na Pobra o día 24 de febreiro; o Xtosín Trail, o 17 de marzo, e o Portus Apostoli Trail en Noia o 7 de abril, para rematar cunha proba final, o Barbanza 42K Trail a celebrar o día 28 de abril novamente en Ribeira. Para máis información os interesados poden consultar a páxina web www.trailseries.run.