A. Pontón: ‘A mobilización é a única vía para parar Altri’

POBRA> A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo na Pobra unha chamada á mobilización convocada pola PDRA e apoiada por numerosas entidades e colectivos entre os que se atopan tamén a Plataforma Ulloa Viva e Mina Touro-O Pino Non, para este sábado na localidade, en contra da macrocelulosa de Altri.

Segundo ela esta mobilización é o elemento chave que pode parar esta bomba ambiental que o PP quere colocar no corazón de Galicia.

Pontón pregúntalle tamén ó presidente da Xunta, Alfonso Rueda, por que quere impoñer en Galicia a macrocelulosa de Altri que non queren en Portugal, acusándoo de actuar de xuíz e parte en todo este proceso.

A voceira nacionalista criticou tamén que se que ignoren os criterios científicos que alertan do perigo do proxecto que pon en serio risco o río Ulla e por extensión a toda a ría de Arousa, a máis produtiva do mundo.

Por todas estas razón instou á cidadanía a acudir este sábado á Pobra, para botar abaixo un proxecto que segundo ela hipotecará o futuro do País.