Conservas Cortizo investirá 8 millóns de euros na construción dunha nova factoría no polígono de Té

RIANXO> O Conselleiro do Mar visitou esta mañá as instalacións da conserveira Cortizo en Rianxo. A empresa, cun cadro de persoal de máis de 75 empregados, está inmersa nun proceso de ampliación co proxecto de construción da nova factoría no polígono de Te.

Conservas Cortizo, fundada hai preto de 50 anos, é un exemplo de aposta polo crecemento e a innovación. A empresa familiar foi medrando dende o seu ano de creación en 1975 ata contar cun amplo cadro de persoal con máis de 75 empregados, maioritariamente mulleres e residentes en Rianxo ou outras vilas da comarca. Na actualidade, trala apertura dun centro loxístico no parque empresarial de Té, a empresa atópase inmersa no proxecto para a construción dunha nova factoría no polígono.

Neste proxecto contan co apoio do concello de Rianxo e da Consellería do Mar que puxeron en valor a aposta de Cortizo pola mellora constante que recentemente lle fixo merecedora de incorporar ós seus o selo de Galicia Calidade.

Na súa visita o Conselleiro referiuse tamén á necesidade de dotar de seguridade xurídica a tódalas empresas, que como esta, conforman a cadea mar-industria a través da lei do litoral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí