Malestar no pósito rianxeiro pola decisión de Mar de aprazarlle o inicio da campaña da vieira

RIANXO> A Consellería informoulle de que a solicitude para o comezo da extracción tiña que realizala a empresa interesada e no do pósito, cun mínimo de dez días de antelación.

O patrón maior de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias, mostrou o seu enfado pola decisión da consellería do Mar de aprazarlle o inicio da campaña da vieira. A intención do pósito rianxeiro pasaba por comezar coa extracción este pasado luns, pero os técnicos da Consellería denegáronlle a súa solicitude, ó entender que esta debía realizarse cun mínimo de dez días antes do comezo da campaña. Unha postura que dende Rianxo non entenden moi ben.

Dende o pósito rianxeiro cifran nuns 54 barcos os que ían comezar coa extracción da vieira esta semana. A paralización suporá un prexuízo importante para eles. Con toda seguridade non poderá abrirse a campaña ata mediados da primeira semana de marzo.

Pola súa banda a conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu a postura da Administración neste asunto, sinalando que non se trata dunha solicitude de plan de explotación ó uso do resto das especies de marisqueo. Segundo ela a petición de apertura debe partir da empresa interesada, que é a que ten a capacidade de eviscerar e depurar a vieira antes de entrar ó mercado. Algo ademais esixido por lei para esta especie.

Comments are closed.