A asociación ‘Morreu o Demo’ leva á Pobra un obradoiro de cabezudos

A POBRA> O concello da Pobra informou da súa participación no proxecto de recuperación do títere tradicional da Asociación Morreu o Demo cun obradoiro de cabezudos. Dará comezo o 30 de novembro no local da antiga confraría e se desenvolverá durante cinco sesións. Os interesados xa poden inscribirse na biblioteca municipal.

A asociación Morreu o Demo leva tempo traballando no proxecto ‘Da barraca á aula’ para recuperación do títere tradicional a través de diversas iniciativas e proxectos. Entre elas, obradoiros de monicreques e cabezudos como o que recalará na Pobra a partir do 30 de novembro.A encargada de impartilo será a escultura Electra Menéndez

O obradoiro desenvolverase en cinco sesións de dúas horas e media cada unha. Os interesados en participar xa poden inscribirse a través da biblioteca municipal. As prazas están limitadas a doce.