O PP da Pobra volve incidir na falla de transparencia por parte do executivo local

POBRA> Os populares din sentirse limitados á hora de realizar o seu labor fiscalizador ó goberno municipal. Ademais de os grupos políticos, critican tamén a tardanza coa que dan resposta ós veciños por calquera consulta ou tramitación.

A situación apenas variou a día de hoxe, a pesar de que en setembro de 2016, se aprobara unha moción plenaria por unanimidade, presentada tamén polos populares, na que o goberno municipal se comprometía a dar resposta ós escritos presentados, tanto polos grupos da oposición como tamén por veciños, nun prazo razonable de tempo.

Algo que, segundo apuntan dende o PP, está recollido, entre outras, no Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, e que sistematicamente incumpre o goberno de Nós Pobra.