Os alumnos da Academia Elisa crean un spot para concienciar sobre o uso do móbil

VILAGARCÍA> Abusan os nosos menores do móbil? Saben darlle un bo uso? Os alumnos dun curso de Dinamización comunitaria de Vilagarcía traballan nun spot no que tratan a problemática do uso do móbil en menores.

Na academia Elisa de Vilagarcía estase a realizar a primeira edición do curso de Dinamización comunitaria, subvencionado pola xunta. Nunha dinámica de traballo en equipo, buscando maneiras de axudar a comunidade, xurdiu a idea de tratar a problemática do mal uso do móbil. Os alumnos non dubidaron e fixeron una enquisa nos centros educativos. Ante os resultados decidiron lanzarse e crear un anuncio.

O curso combina a teoría ca práctica e o grupo é moi diverso en canto a idades e formación. Dende a academia apoiaron a súa iniciativa e eles non dubidaron en poñela en práctica.  Con axuda de coñecidos conseguiron sacar adiante un spot a custe 0. Encargáronse de dividir as tarefas e de realizalas, dende o guión ata a rodaxe. Todo motivado por un obxectivo que consideran importante para a comunidade.

Ademais do documental tamén realizarán un concurso de curtas. O certame está destinado ós mozos e mozas de 12 a 17 anos. A temática é a mesma que a do spot, o uso abusivo do móbil entre as xeracións máis novas. A presentación do anuncio e a exhibición das obras finalistas terán lugar o 3 me maio no Salón García.

Comments are closed.