Volven a reclamar cambios na normativa de baleirado dos encoros

NOIA> Para evitar que se repitan imaxes como a vivida o pasado ano, que coa chegada dos temporais, acabou provocando unha mortaldade masiva de marisco nas praias, a consecuencia da baixa salinidade das augas, as Plataformas en Defensa das Rías de Arousa e Muros-Noia veñen de demandarlle á Xunta, concretamente a consellería de Medio Ambiente e a Augas de Galicia, unha mellor xestión e cambios no modelo de baleirado dos encoros.

No escrito dirixido á consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que dirixe Ángeles Vázquez, tanto PLADEMAR como a PDRA, lémbranlle a esta Administración as súas competencias exclusivas en esta materia e a súa obriga legal de tutelar as augas dos ríos como ben de carácter público.

Tamén lle piden a incorporación de representantes do sector e das plataformas a estas comisións de baleirados dos encoros.