A POBRA> A Conselleira de Emprego e Igualdade desprazouse ata A Pobra para coñecer as instalacións de Congalsa. María Jesús Lorenzana destacou a aposta da firma por promover a conciliación xa que contan cun Plan de Igualdade Laboral.
A titular de Emprego e Igualdade quixo coñecer de primeira man as instalacións da empresa Congalsa que en 2020 recibiu o premio da Xunta á Responsabilidade Social polas súas boas prácticas. María Jesús Lorenzana destacou a aposta da firma emprazada na pobra pola igualdade real xa que conta cun Plan de Igualdade así como diversas medidas encamiñadas a facilitar a conciliación como o teletraball, a flexibilidade das xornadas e o servizo de gardería.
Neste senso, a responsable autonómica anunciou que a Xunta está a crear unha certificación galega de excelencia para recoñecer as boas prácticas en materia de igualdade laboral. Na actualidade, a Xunta destina 16 millóns de euros a apoiar a conciliación que se materializan por exemplo en axudas para compensar a redución de xornada.
De igual modo, a Consellería de Emprego e Igualdade ten en marcha unha páxina web e un campus virtual de Formación en Igualdade Laboral.