RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de lanzar unha nova campaña de promoción da EDUSI Máis Ribeira Atlántica. Está protagonizada por coñecidos ribeirenses que se encargan de dar a coñecer as melloras acometidas no marco deste programa.
Destacados veciños de Ribeira con influencia no eido social, cultural e deportivo prestan a súa imaxe á campaña Lucir Ribeira que pretende dar a coñecer as melloras executadas no municipio no marco da estratexia Edusi Máis Ribeira Atlántica. Entre os protagonistas destaca o taekwondista Álex Vidal, o rescatador marítimo Rubén Lijó ou o coreógrafo Fran Sieira, entre outros moitos ribeirenses.
A Estratexia de Desenvolvemento Urbana Sostible Máis Ribeira Atlántica conta cun orzamento de máis de seis millóns de euros cofinanciados nun 80 por cento polo fondo europeo FEDER. Divídese en catro liñas de actuación: mellorar o acceso ás TIC, reducir as emisións de carbono, conservar o medio ambiente e mellorar a inclusión social.