Uns 30 locais de Ribeira e A Pobra repartirán 400 quilos de lirio na V Ruta de Tapas

RIBEIRA> Preto de 30 establecementos participarán na quinta edición da Ruta de Tapas co Lirio que organiza a Cooperativa OPP83 en colaboración co concello de Ribeira. Repartiranse ó redor de 2500 racións deste peixe elaborado a través de propostas innovadoras para poñer en valor a súa versatilidade.

A ruta de tapas co lirio nacía en 2022 co obxectivo de poñer en valor un dos peixes con máis presenza na loxa de Ribeira. Comezou timidamente neste concello con apenas dez participantes e hoxe, cumpre cinco anos, con preto de 30 establecementos implicando tamén á hostalería da Pobra.

A ruta celebrase o sábado 5 de decembro durante toda a xornada ata esgotar existencias. A OPP83 distribuirá 400 quilos de peixe entre os establecementos participantes que elaborarán unhas 2500 tapas con propostas do máis orixinal.

Ademais de poñer en valor e promocionar a versatilidade desta especie, fundlmental non só na lonxa de Ribeira senón en toda Galicia, a ruta contribúe tamén a dinamizar o sector hostaleiro en épocas de menor consumo.