Carlos Lorenzo e Beatriz Barroso ganadores absolutos no Trail de San Isidro

POBRA| A carreira, organizada pola Asociación Arousa Natureza e Ocio, forma parte do circuito Arousa-Revolutrion Trail Series.

Baixo un sol de xustiza, impropio destas datas, no que o termómetro acadou por momentos temperaturas de preto dos 25º, celebrouse este pasado domingo o Trail de San Isidro. Na proba tomaron parte algo máis de trescentos corredores, dos que que chegaron a meta 290. A carreira, a segunda puntuable do circuíto Arousa-Revolutrion Trail Series que organiza a Asociación Arousa Natureza e Ocio, tivo como gañadores absolutos a Carlos Lorenzo en categoría masculina e Beatriz Barroso en categoría feminina. Completaron o podio en categoría masculina Esteban Toucedo e Daniel Paz e en féminas Elena Matalobos e Pati Martínez. Por equipos a proba foi para o Lodeiros Trail, seguido do Maxico Masaxes Kiko e do Tribu Trail. A proba, de gran dureza, desenvolveuse por espazos de gran beleza paisaxística, tendo como punto de saída e chegada no entorno da igrexa de San isidro de Postmarcos. En total foron 13 quilómetros de percorrido, cun desnivel positivo aproximado dun 700 metros. A seguinte proba do calendario do circuíto será o Xtosín Trail, en Porto do Son, que se disputará o próximo domingo 17 de marzo.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí