RIANXO> O envío de notificacións por parte do Concello a moitos domicilios sobre a ordenanza fiscal número 12 que regula os vados a accesos á vía pública dende os garaxes está a levantar unha fonda polémica que mesmo se chegou a debater en pleno.
O Partido Socialista pide a paralización do envío, debido principalmente ás enormes dúbidas suscitadas respecto á interpretación da normativa.
Ante esta situación de falla de claridade, o PSOE reclama a revisión da dita ordenanza para garantir así a súa correcta aplicación.











