Rianxo e Ribeira pospoñen o plan de explotación da vieira en Arousa Norte

RIBEIRA> A vieira arousá seguirá a comercializarse en Cambados. As confrarías de Ribeira e Rianxo decidiron pospoñer o plan de explotación do bivalvo en Arousa Norte ante a falla de permisos de explotación. A intención das confrarías de Ribeira e Rianxo era presentar un plan de explotación que da vieira en Arousa Norte, posto que na actualidade se comercializa a través do pósito de Cambados. Para isto, sería precisa a realización dun estudo pormenorizado do estado dos bancos nesta marxe da ría. A demora na realización deste informe así como os numerosos requisitos e as poucas embarcacións autorizadas para a extracción de vieira en ámbolos dous pósitos motivou o aprazamento do proxecto ata o próximo ano. A intención das confrarías é seguir traballando no desenvolvemento do proxecto ó tempo que se busca unha empresa especializada na evisceración da vieira.  Na actualidade, é a confraría de Cambados a que asume esta tarefa polo que toda a vieira extraída na ría se comercializa a través deste pósito. De cara á futura elaboración do plan a medio prazo, a confraría de Ribeira xa iniciou os contactos coa xerencia da lonxa de Ribeira na busca dunha empresa que se faga cargo da evisceración da vieira.