Dimite o xefe de xinecoloxía da área sanitaria Santiago-Barbanza

BARBANZA> Esta mañá coñecíamos tamén a dimisión do xefe de xinecoloxía da área sanitaria Santiago-Barbanza, o doutor Manuel Macía.

Ó parecer a súa renuncia débese á obriga da xerencia ós xinecólogos do Clínico a ter que realizar gardas no hospital da Barbanza, ante a falla de facultativos neste centro hospitalario.

Dende a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos de Galicia sinálase que para garantir o correcto funcionamento do Servizo de Xinecoloxía do hospital de Barbanza é necesario un persoal de polo menos sete facultativos con contratos estables, e non parches, como se está a realizar actualmente.

Dende a área sanitaria de Santiago-Barbanza explicaron que as necesidades asistenciais dos pacientes son unha prioridade á que hai que dar resposta inmediata.