A Deputación distingue ó Club de Remo de Cabo de Cruz pola súa promoción do deporte base

BARBANZA> A Deputación da Coruña distinguiu esta pasada fin de semana ós mellores deportistas da provincia. Foi nunha gala celebrada no Teatro Colón, na Coruña, presidida polo presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso.

O deporte barbanzán tivo tamén moi presente nesta Gala, xa que un dos Clubs homenaxeados foi o Club de Remo Cabo de Cruz. Recibiu o premio á mellor entidade na promoción do deporte base.

Entre os deportistas, entidades e Clubs que foron tamén galardoados nesta Gala atopábanse Belén Toimil, Víctor Senra, o Racing de Ferrol, O Gran Camiño, Vero Boquete, o Grupo Jrilo e ENKI. Previo ó inicio da Gala tamén se realizou unha emotiva homenaxe a Arsenio Iglesias, Luís Suárez e Amancio Amaro, tres figuras históricas do fútbol coruñés que faleceron o pasado ano.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí