Boiro delega na Academia Galega de Seguridade a selección de policías locais

BOIRO> O pleno de Boiro aprobou o convenio coa Academia Galega de Seguridade para a selección de policías locais. Este acordo suporá a axilización nas contratacións ó tempo que garante unha maior transparencia.

O concello de Boiro realizará os procesos selectivos de policías locais a través da Axencia Galega de Seguridade. A corporación aprobou a proposta do executivo, cos votos a favor de ICBoiro, e a abstención do resto dos grupos. Entenden dende o goberno local que este procedemento axiliza os procesos de selección dos axentes e garanten a súa total transparencia.

Aínda que non se opoñen á medida, o BNG e ICBoiro destacan que delegar estes procedementos na axencia galega suporá un perda de competencias para o concello. Os motivos da abstención do PP e Ciudadanos son distintos.

No que si coinciden todos é na necesidade de aumentar o cadro de persoal na policíaa posto que na actualidade non se cubriron as xubilacións e o número de axentes é insuficiente. Neste punto, Boiro Novo pide que ademais de na policía se axilice cobertura prazas vacantes noutros departamentos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí