Os xubilados de Rianxo seguen á espera da execución da sentenza que os obriga a abandonar o local

RIANXO> Con resignación os xubilados de Rianxo agardan o seu desafiuzamento do local, nos baixos da Confraría. As previsións pasaban porque se executara esta semana, despois da vista celebrada en Santiago, aínda que, polo de agora, non o saben con certeza.

Van alá uns dous anos dende que se iniciara este proceso, sen que polo de agora se lle dera unha alternativa.

A súa postura segue a ser a mesma. Néganse a abandonar o local que levan empregando dende sempre, polo que piden diálogo, e unha negociación entre tódalas partes implicadas, que permita un acordo satisfactorio.

A altermativa que lle dá o Concello é instalarse nas dependencias do Liceo. Un espazo acondicionado coma Centro Social. Pero esta idea nos satisfai ós maiores que seguen a ver como mellor opción o seu local de sempre.

Comments are closed.