Pepa Pardo e Gloria Blanco: compañeiras e rivais

PONTEVEDRA> Compañeiras de traballo, amigas e agora adversarias na política. Pepa Pardo e Gloria Blanco, números 2 do Partido Popular e do Partido Socialista respectivamente, comparten despacho de avogados no centro de Pontevedra. Despois de máis de dez anos de amizade, agora enfróntase o seu maior reto, que a política non afecte a súa relación.

Ela é Pepa Pardo, avogada, número 2 do Partido Popular de Pontevedra e a mano dereita de Rafa Domínguez. Ela, Gloria Blanco, unha muller que representa a cuarta xeración dunha histórica familia de militantes socialistas, e agora, a número 2 do Partido Socialista na Boa Vila. Moitas cousas que lles separan e unha amizade que lles une. Compañeiras de traballo nun despacho no centro da cidade e a partir de agora, adversarias nas urnas.

Amigas dende fai 16 anos, compañeiras de despacho dende fai 4, nin Pepa nin Gloria teñen problema para debater sobre política.

Pepa Pardo ocupa dende xunio o cargo de secretaria xeral do Partido Popular de Pontevedra. E aínda que o de Gloria foi algo máis inesperado, Pepa asegura que entearse de que a súa compañeira ía ser número 2 do PSOE non foi ningunha sorpresa.

Aínda que son dúas mulleres moi diferentes, hai algo que as une.

Pepa e Gloria non queren que a política afecte a súa relación e por iso, dende o próximo 26 de maio, “o que pase no Pleno, quedarase no Pleno”.