O cardiólogo González Juanatey ofrecerá unha charla sobre vida saudable en Boiro

BOIRO> O cardiólogo José Ramón González Juanatey impartirá unha charla o próximo mércores en Boiro. A actividade está organizada pola asociación cultural As Peñas e a colaboración do concello de Boiro. Conta co patrocinio do grupo Chicolino.

‘É posible vivir cen anos sen problemas de corazón’. Baixo este título tan descritivo, o doutor González Juanatey impartirá unha charla sobre os hábitos e estilos de vida que axudan a previr cardiopatías.

O concello colabora coa asociación das Peás de Boiro na organización do evento que conta co mecenado do grupo Chicolino.

Polo momento, xa hai máis de douscentos inscritos polo que os organizadores non descartan completar aforo ata as douscentos oitenta e nove prazas da casa da cultura da Cachada.

Trala charla, prevista para as oito da tarde, abrirase un coloquio no que está prevista a participación do presidente da Deputación. Aínda que a entrada é de balde, é preciso retirar invitación contactando coa asociación As Peñas a través do teléfono 639 35 41 91 ou no enderezo electrónico penhasboiroac@gmail.com

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí