BARBANZA> Case un millón de euros. Esta é a cifra dos investimentos realizados por Portos de Galicia nos peiraos da provincia da Coruña en tarefas de mantemento ó longo de 2018. No que vai deste ano xa están en execución partidas por valor de cento cincuenta mil.
A seguridade e o mantemento en bo estado das redes xerais centraron a maior parte dos investimentos realizados por Portos en materia de conservación nos peiraos da provincia durante o pasado exercicio
Entre os peiraos máis beneficiados figuran algúns do Barbanza como o de Ribeira con sesenta mil euros de investimento ou o de Escarabote no que se destinou unha partida de trinta mil á renovación do pantalán das embarcacións de terceira lista.
No presente exercicio Portos pretende manter ou mesmo incrementar o nivel de investimentos. Nestes dous meses xa están tramitados ou en execución traballos por valor de cento cincuenta mil euros.
Comments are closed.