RIBEIRA> O concello de Ribeira busca un emprazamento alternativo as atraccións das festas do verán trala negativa de Portos a autorizar a instalación no recheo A opción mellor valorada polos feirantes é instalarase na avenida do Malecón.
A normativa de Portos impide a instalación das atraccións das festas de Ribeira no recheo portuario por tratarse dunha zona vermella. A estrita aplicación da norma obriga ó concello de Ribeira a buscar outra localización para evitar o pago de sancións que, o ano pasado, xunto coa liquidación parcial supuxeron un desembolso de 50 mil euros.
Co ánimo de atopar a mellor ubicación para os titulares dos postos, o concello xa mantivo varias reunións na que a alternativa mellor valorada é a Avenida do MAlecón e parte de Rosalía de Castro.
Dende o goberno de Ribeira amosáronse moi críticos tamén coa actitude de Portos posto que non eran tan estritos na aplicación da norma cando gobernaba o PP no concello.











