As avarías sucédense na rede de abastecemento de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Continúan as roturas de tubaxes en Vilagarcía. A última tivo lugar na Avenida de Cambados a altura de Vilaboa. A media de avarías por ano supera as 150 na última década.

As avarías das tubaxes de Vilagarcía non ceden. A última rotura tivo lugar na Avenida de Cambados a altura de Vilaboa. O Concelleiro de Medio Ambiente declarou que as obras que se están a realizar en Doutor Tourón provocan cambios de presión que afectan a outras zonas.

Lino Mouriño explicou que os cambios de presión ós que teñen que facer fronte estas tubaxes fan que unha vez renovadas a presión afecte a outra canalización máis vella.

A pesar de que o goberno local xa cambiou 1 km e medio de tubaxes aínda non é suficiente. Admiten que por agora non hai presuposto dabondo para asumilo pero recalcan o seu labor ó longo desta lexislatura.

O Alcalde asegura que os seguintes orzamentos municipais deben ter unha parte para renovar todas as redes de abastecemento de auga e saneamento.