BOIRO> A asociación Amicos inaugurou esta mañá unha exposición de arte reciclado no centro social de Boiro. A mostra, composta por un total de quince traballos realizados polos propios usuarios da entidade, poderá visitarse ata o vindeiro domingo 25 de xullo.
A asociación Amicos estreou esta mañá unha exposición de arte reciclado no centro social de Boiro. Está composta por unhas quince obras realizadas polos propios usuarios da entidade durante un taller de expresión artística. Este ano as pezas, feitas con materiais de todo tipo: plásticos, cartóns ou cunchas, gardan todas elas relación co Camiño de Santiago, con motivo do Ano Xacobeo.
O acto inaugural da exposición contou tamén coa presenza do alcalde, Xosé Ramón Romero, quen destacou a alta calidade dos traballos.
A mostra que poderá visitarse ata o vindeiro domingo 25 de xullo, vai acompañada tamén dun obradoiro para nenos de ente 4 a 16 anos. Desenvolverase tódalas mañás, de once a unha. Os interesados poden inscribirse mandando un correo a hola@amicos.org.