A Pobra organiza varios obradoiros de arte floral

POBRA> O concello da Pobra segue coa súa política de dinamización do rural coa organización de novas actividades.

Tras o éxito dos obradoiros de artesanía, sumará agora unha nova oferta con dous cursos de arte floral. Serán totalmente de balde e impartiranse os días 20, 21, 27 e 28 deste mes de maio, a cargo de profesionais das florarías, nos centros socioculturais do Campiño e da Ribeiriña.

As persoas interesadas poderán inscribirse no Concello a partir deste venres, xa que as prazas son limitadas