BOIRO> Paso adiante para a execución das novas beirarrúas e a mellora dos servizos nun tramo da estrada provincial DP-1106, entre Cespón e Quinteiro, no concello de Boiro. A Xunta de Goberno Local da luz verde á este proxecto que por un importe de algo máis de 352 mil euros, incluído no POS Adicional 2021 da Deputación da Coruña.
O executivo boirense dará resposta ás demandas dos veciños da parroquia de Cespón coa construción das novas beirarrúas e a mellora de servizos na estrada DP-1106, dende as proximidades da igrexa parroquial ata Quinteiro, nun tramo de aproximadamente un quilómetro e medio. A actuación conta cun orzamento duns 352 mil euros e será executada con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.
O alcalde confía en que a licitación da actuación se leve a cabo ó longo deste semestre para que poida estar rematada o máis axiña posible.