Ribeira ofertará un ambicioso Plan de Formación para vencer á crise

RIBEIRA> O concello traballa xa nas dúas primeiras fases da desescalada para tratar de aliviar a situación, especialmente do comercio e a hostalería. Neste sentido o executivo está a dar os primeiros pasos para a adquisición de pantallas faciais e mamparas protectoras para facerllas chegar a estes dous sectores. Pero o máis destacado da comparecencia de hoxe foi que o alcalde anunciou un ambicioso plan de formación, o denominado Ribeira.Academy. Un plan de formación online gratuíto  coa maior oferta de cursos na comarca.

Serán máis de vinte materias diferentes que van dende a xestión comercial e o marqueting, á industria alimentaria, pasando pola programación de sistemas ou a sanidade, entre outros.

Os únicos dous requisitos para poder beneficiarse destes cursos serán ser maior de dezaseis anos e estar empadroado no municipio. Toda a información sobre o dito plan de formación e as particularidades desta oferta formativa poderanse consultar a partir de mañá de forma detallada en www.ribeira.academy.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí