BOIRO> Peñas Boiro celebrou este mediodía o sorteo de vales de compra da súa campaña de apoio ó comercio e á hostalería local baixo o lema ‘Fai contorna’. En total sorteáronse uns 130 vales de compra por un importe total superior ós cinco mil euros, entre os que se incluía un de 500 euros
A rúa peonil, diante do mercado municipal, foi o lugar escollido polo colectivo Peñas Boiro para celebrar o sorteo de vales de compra da súa campaña comercial ‘Fai Contorna’, impulsada en apoio ó comercio e á hostalería local. A iniciativa foi todo un éxito e moi ben acollida por estes dous sectores tan importantes no municipio, que resultaron ademais máis afectados pola pandemia.
En total sorteáronse 130 vales de compra aportados pola propia hostalería e polo comercio da localidade que superan no seu total os cinco mil euros. A maiores tamén se sorteou o premio estrela. Un vale de 500 euros que a Asociación de Peñas Boiro decidiu destinar a esta campaña.