POBRA> O mural fora elaborado hai uns anos con motivo da celebración do Día do Orgullo no paseo do Xobre. Dende a organización galeguista condenan os feitos, ós que tildan de ser realizados cunha profunda intolerancia.
Este é o estado no que quedou o mural que a organización elaborou hai uns anos con motivo do Orgullo. Segundo explicou a súa responsable comarcal, Diana Lixó, trátase dun exemplo máis das agresións ás que se enfrontan a diario as persoas LGBT.
Lixó aproveitou para condenar tamén a actuación de certos grupos políticos, coma é o caso do Partido Popular ou Ciudadanos, que en días coma o do Orgullo se envolven coa bandeira arcoiris cando o resto do ano promoven políticas que limitan a súas liberdades.
Dende Galiza Nova consideran necesario promover unha educación sexual digna nos colexios, que eduque nenos libres de prexuízos moralistas; e tamén unha actuación clara contra o bullying que sofren nas escolas os mozos LGBT+.