O BNG recolle as peticións da veciñanza de Palmeira

RIBEIRA> Os nacionalistas instarán ó executivo a acometer diversas melloras nesta parroquia referidas á recollida de pluviais e pavimentacións na zona de Insuela; a instalación de contedores específicos  ou a mellora da conexión a internet.

O BNG fíxose eco de varias solicitudes que lle fixeron chegar nas últimas semanas os veciños de Palmeira. Entre outras cuestións as solicitudes van referidas á necesidade de recoller as augas pluviais e a pavimentación de viais na zona de Insuela.

Tamén piden a instalación de contedores específicos e a mellora da conexión a internet. Para os nacionalistas o PP coas súas políticas segue esquecendo ás parroquias.

Os nacionalistas tamén mostraron a súa postura sobre o recente peche da oficina de Abanca nesta parroquia que supón un problema para moitos residentes. O BNG anunciou que levarán o tema ó Parlamento Galego e reclamaán tamén que o Concello retire os cartos públicos desta entidade bancaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí