O Concello reforza o formigón da Ponte do Burgo para colocar a varanda

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra comeza a traballar na restauración da Ponte do Burgo. Así o anunciou esta mañá o concelleiro de obras, Demetrio Gómez. Estes traballos non afectarán aos prazos establecidos no proxecto nin tampouco á circulación peonil.

A Ponte do Burgo está en perfecto estado e non presenta ningún problema estrutural. Así o confirmaron os enxeñeiros municipais tras a revisión de seguranza realizada nos últimos días.

Esta pequena modificación ten que ver coa segunda fase do proxecto que comezou hoxe, a restauración da Ponte do Burgo, e máis concretamente coa canalización de pluviais. O Concello reforzará o formigón da ponte co obxectivo de colocar posteriormente a varanda.

Esta adaptación do proxecto, en principio, non afectará nin ao prazo establecido para que rematen as obras nin tampouco á circulación peonil.