O pai de Diana Quer apoia á nai da vítima de Boiro no xuízo contra O Chicle

SANTIAGO> Este presunto intento de rapto foi o que desencadeou a finais de decembro de 2017 a detención do Chicle como responsable do asasinato de Diana Quer. Hoxe, o pai da moza madrileña, Juan Carlos Quer, seguiu dende a sala a primeira sesión do xuízo. Tamén arroupou á nai da moza de Boiro vítima deste suceso.

O pai de Diana Quer non se quixo perder esta primeira sesión do xuízo contra o asasino confeso da súa filla. Juan Carlos Quer sentou entre o público para seguir de preto o relato que O Chicle fixo para defenderse das acusacións de intento de rapto.

Tamén acompañou en todo momento á nai da rapaza vítima deste suceso en Boiro. Ante os medios de comunicación Eli asegurou estar moi afectada, e cualificou a O Chicle de depredador.

A nai da moza tampocou creu a versión de José Enrique Abuín cando asegura que o seu obxectivo era unicamente roubarlle o móbil.

Este presunto intento de rapto foi o que desencadeu a finais de 2017 a detención do Chicle como responsable do asasinato de Diana Quer. Hoxe Juan Carlos Quer non puido evitar emocionarse ao recordar o audio do momento do forcexeo entre Abuín Gey e a vítima.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí