O concello de Rianxo renova os viais do núcleo do Regueiro

RIANXO> O alcalde, Julián Bustelo, e o concelleiro de Obras, Alberto Angueira, comprobaban o remate da actuación, coa que o Concello dá resposta a unha vella demanda dos veciños do núcleo do Regueiro, que reclamaban a renovación completa do firme dos camiños do lugar, xa que presentaban un avanzado estado de deterioro polo paso do tempo.

A actuación foi cofinanciada a través do Plan de Camiños de Agader da Xunta de Galicia.

Segundo explicou o alcalde, estes traballos dan continuidade a outras intervencións recentes na parroquia de Isorna.