RIANXO> Trátase da ‘Senda dos Faros’, un itinerario cultural impulsado pola consellería de Cultura que percorrerá a totalidade da costa galega, dende Ribadeo a Tomiño. No proxecto, executado pola consultora Territorio Raso, participan tamén o Instituto de Estudos do Territorio, o AGADER e as Fundacións RÍA e Galicia Sustentable.
Imaxínense un camiño que percorra os máis de 1.400 quilómetros da costa galega, repartidos en 56 etapas, dende Ribadeo a Tomiño, pasando por un total de 78 concellos. Este é o proxecto ‘Senda Litoral de Galicia. A Senda dos Faros’ presentada oficialmente esta mañá en Rianxo. A proposta impulsada pola Xunta, a través da consellería de Cultura, ten coma principal finalidade o descubrimento de todo o noso litoral, poñendo en valor os recursos de cada zona, aproveitando a rede viaria existente.
O proxecto inclúe ademais un proceso de participación activa da veciñanza residente nos territorios polos que pase este itinerario.
Dende o Concello destacaron tamén a importancia deste tipo de iniciativas que buscan un desenvolvemento sustentable do municipio.
Participan nesta iniciativa o Instituto de Estudos do Territorio, o AGADER e as Fundacións RÍA e Galicia Sustentable.