A EDAR de Couso incorporará un sistema de desinfección UV

RIBEIRA> A implantación do sistema de desinfección ultravioleta suporá importantes melloras na EDAR de Couso. O concello de Ribeira vén de adxudicar o contrato por máis de 95 mil euros.

A depuradora de Ribeira contará cun reforzo no tratamento terciario grazas á adxudicación do subministro dos compoñentes do sistema de desinfección UV que implicarán unha mellora na calidade da auga e unha maior protección ambiental.

O importe total do contrato ascende ós 95 mil euros e o prazo de execucón é de 13 semanas dende o inicio das obras. Trátase dun investimento importante co que Ribeira reafirma o seu compromiso coa modernización das infraestruturas hidráulicas e a mellora dos estándares ambientais.