RIANXO> Esta semana recibiron un novo requirimento de Portos de Galicia. O ente autonómico dálle de prazo ata o luns para abandonar as instalacións.
Esta semana os xubilados de Rianxo volvían a recibir, vía carta, un novo requirimento para que abandonasen definitivamente a súa sede social nos baixos da Confraría. Poida que sexa xa o definitivo, aínda que dende o colectivo non as teñen todas consigo.
O seu presidente mantense firme na súa postura de non abandonar as actuais instalacións. Aínda que agora os seus apoios na xunta directiva foron a menos e vese só na cruzada que mantén con Portos de Galicia.
As opcións que lles dan tampouco os convencen…
Haberá que agardar ata o luns para coñecer cal será o resultado definitivo e se os xubilados poderán seguir ou non empregando as instalacións.