Avanzan a bo ritmo as obras de seguridade viaria na segunda fase do polígono de Espiñeira

BOIRO> Avanzan a bo ritmo as obras de ampliación das beirarrúas na segunda fase do polígono de Espiñeira en Boiro. Ademais das melloras a nivel viario, instalaranse novas cámaras e lectores de matrícula para incrementar a seguridade no parque empresarial.

O alcalde de Boiro, acompañado do concelleiro de obras, supervisaba esta mañá a execución dos traballos para incrementar a seguridade viaria na segunda fase do polígono de Espiñeira. A actuación contempla a ampliación e mellora da accesibilidade nas beirarrúas.

O proxecto, orzamentado en preto de 70 mil euros a financiar entre a Xunta e o concello, contempla tamén a instalación de máis cámaras e lectores de matrícula para incrementar a seguridade das empresas.