Boiro aproba de xeito inicial o seu Plan de Mobilidade Urbana

BOIRO> A corporación municipal boirense celebrou onte pola noite a sesión ordinaria correspondente ó mes de novembro.

A orde do día incluía un total de sete puntos. Un dos máis importantes dos que se abordaron na sesión foi a aprobación inicial do Plan de Mobilidade.

O punto saíu adiante cos votos a favor do equipo de goberno, o PSOE, e os deBoiro Novo que apoiou a proposta do executivo. Pola contra contou coa a abstención do BNG e os votos en contra do Partido Popular.

Na sesión tamén se aprobou de xeito inicial a modificación da taxa reguladora polo servizo de cemiterios. Fíxoo grazas ó voto de calidade do alcalde, que foi necesario para acadar a maioría debido a ausencia do edil socialista Roberto Lojo.

A proposta do equipo de goberno atopou co rexeitamento frontal dos grupos da oposición, que non entendía a subida tan abusiva deste imposto.

Tamén se aprobou a ordenanza municipal reguladora do estacionamento e ‘pernocta’ de autocaravanas e tratouse unha moción do BNG de apoio ás reivindicacións laborais dos bombeiros dos parques de Boiro e Ribeira, que finalmente saíu rexeitada con votos a favor de unicamente dos nacionalistas e Boiro Novo, e os votos en contra do PSOE e PP.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí