A veciñanza de Vilagarcía non se sorprende co resultado electoral. Dende o Canal Rías Baixas saímos a rúa para coñecer a opinión dos vilagarciáns ante a vitoria dos socialistas. Aínda que esperaban a vitoria de Alberto Varela, a maioría absoluta non contenta ós habitantes da capital arousá.
Os prognósticos antes das eleccións situaban a Alberto Varela de novo en Ravella. Nas enquisas máis favorables o PSdeG vilagarcián podía chegar ós 10 concelleiros. O resultado electoral superou todas as previsións e os socialistas gobernarán con maioría absoluta. Os veciños de Vilagarcía aseguran que esperaban a vitoria socialista.
A pesar de que moitos veciños se mostraban contentos, a maioría absoluta, en xeral, non convence ós habitantes de Vilagarcía.
A veciñanza tamén compartiu as súas preocupacións sobre o estado da vila.
O paro, as rúas e as parroquias da contorna destacan como as maiores preocupacións da veciñanza vilagarciá. Agora os socialistas terán por diante 4 anos de mandato para responde á confianza recibida.