SANXENXO> Sanxenxo organiza “A Lanzada na Historia”, un novo evento cultural que busca poñer en valor a tradición e rememorar parte da historia deste enclave. A cita terá lugar os días 20, 21 e 22 de xuño na contorna da torre e na explanada onde se celebran as festas patronais.
A proposta inclúe actividades de temática medieval, cun mercado, xogos populares e representacións históricas. O ambiente festivo comezará o venres á tarde co mercado medieval e animación musical con Os do Barro. Xa á noite, será a quenda dos Firrás e haberá unha queimada.
O sábado, as actividades comezan á mañá co mercado medieval. Haberá tamén tiro con arco, xogos populares, unha loita medieval e as actuacións de Arroba de Viño e a Banda do Sequío. Á noite terá lugar unha recreación do ritual das nove ondas.
O domingo, ramatará a programación co mercado medieval e unha nova actuación de Arroba de viño.











