SANXENXO> Sanxenxo convértese en todo un exemplo de solidariedade. O concello e Cáritas puxeron en marcha unha recollida de roupa e calzado para os migrantes que dende hai uns días acolle o municipio. A resposta da veciñanza está sendo exemplar. En tan só unhas horas, xa conseguiron recadar un bo lote. As doazóns pódense entregar na base de emerxencias as 24 horas do día.
A iniciativa leva en marcha unhas poucas horas, pero a boa respsta é xa máis que evidente. O Concello de Sanxenxo e Cáritas puxeron en marcha unha recollida de roupa e calzado para os migrantes que están a acoller no municipio.
E deste xeito, estase dando resposta ás inquedanzas da veciñanza, que xa se puxeran en contacto co concello para axudar ao grupo de migrantes.
Como punto de entrega, escolleuse a base de emerxencias, en Adina, porque está aberta 24 horas ao día. O obxectivo é conseguir roupa e calzado para cubrir as necesidades dos mozos. Cáritas fará a selección do material, que lle entregará á ONG Accem, que se encarga da atención ao grupo.
Ademais, o concello cedeu a Casa da Cyouultura de Dorrón á ONG para que poida darlles aos migrantes clases de castelán e de conxtetualización do país. Ademais, o goberno local complementará todo isto con máis actividades, que están a estudar.
O concello dá por superada a fase de falta de información por parte do goberno central sobre a acollida deste grupo. Din que agora do que se trata é de tratalos do mellor xeito posible.
A previsión é que o grupo estea instalado neste hotel Baixamar de Areas arredor dun mes.











