CAMBADOS> Nas rúas, os cambadeses non verían con malos ollos unha nova coalición para gobernar o municipio. A veciñanza entende tamén a reclamación dos populares.
Un dos municipios onde o goberno sairá, probablemente, dunha coalición é Cambados. A vila arousá xa estivo liderada por un cuadripartito no último mandato. Á socialista Fátima Abal, nesta ocasión, bastaríalle chegar a un acordo con Somos Cambados e BNG para repetir na alcaldía. Segundo a veciñanza, o resultado electoral era bastante esperado.
Só en 3 municipios do Salnés, o vencedor das urnas non acadou a maioría absoluta. Unha destas localidades é Cambados. Os cambadeses móstranse contentos con esta situación.
O panorama político cambadés aínda pode cambiar. Os populares reclamaron á xunta electoral 15 votos que foron considerados nulos.
As negociacións comezarán nos próximos días e haberá que espera para coñecer cal será o próximo goberno de Cambados.