Cambados Pode rexistra unha moción para crear unha comisión de reconstrución económica e social

CAMBADOS> Cambados Pode rexistra unha moción para crear unha comisión de reconstrución económica e social para a vila. O obxectivo é crear un órgano consultivo no que estean representados tódolos sectores económicos de Cambados. A moción debaterase no pleno extraordinario de mañá convocado a proposta do partido popular.

Unha vez que se solucione a crise sanitaria provocada polo coronavirus, os diferentes sectores económicos temen os efectos dunha posible crise económica. Moitos concellos xa están traballando no asunto tomando diferentes medidas económicas. En Cambados, a formación Cambados Pode rexistrou unha moción para levar a pleno a creación dunha comisión de reconstrución económica e social.

A comisión será un órgano consultivo non vinculante, similar ao desenvolvido na vila durante o ano de cidade europea do viña. Dende Cambados Pode ven fundamental que esta moción se aprobe por unanimidade.

Esta comisión estará formada por 13 membros que representarán a todos os sectores económicos de Cambados.

A moción será presentada no pleno de mañá. Nunha sesión extraordinaria promovida polo partido popular. Dende a formación de Luís Aragunde obrigaron á convocatoria do pleno ao contar con máis dun cuarto dos membros da corporación. Os populares procurarán unha declaración institucional e un paquete de medidas relacionadas coa crise provocada polo coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí